Subvencións ás ARIS Oia 2020 (Áreas de rehabilitación integral dos camiños de Santiago)
No Concello de Oia entrarían dentro desta ARI, tódalas vivendas das parroquias de Pedornes, Viladesuso e Mougás e as vivendas que están no trazado do camiño en Santa María de Oia
As actuacións previstas poden ser de varios tipos:
- As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.
- As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
- A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.
- As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.
Para poder acceder a este programa é necesario obter a CUALIFICACIÓN PROVISIONAL da actuación e, unha vez rematadas as obras, a cualificación definitiva. O Instituto Galego de Vivenda e Solo publica o procedemento para poder obter estas cualificacións.
Máis información
As axudas da anualidade 2020 saen publicadas no DOG do 26/02/2020