Subvencións casa do maior

A Xunta de Galicia convoca axudas para a posta en marcha de casas do maior destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia , grao I e para persoas maiores sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores.

Cada casa do maior terá un máximo de 5 prazas
✔ PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa do maior as persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
– Estar en posesión ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen na orde (medicina, enfermería, técnico en coidados auxiliares de enfermería, certificado de profesionalidade de axuda a domicilio ou en institucións sociais, etc..)
– Residir en concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, no que se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha do proxecto
– Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade , ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto
– Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado esta revisión médica deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.
– Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos.
✔ ACCIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES
– A reforma e adaptación do inmoble destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material
A axuda para gastos de investimento pode alcanzar o 100% do gasto elexible, cun máximo de 15.000 euros por casa do maior
– A prestación da atención individualizada dos maiores de 60 anos en situación de dependencia graos I e II, e das persoas sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal

A axuda para o desenvolvemento do proxecto consistirá nunha achega económica de 19.600 euros/ano, que se incrementará en 10 euros/persoa e día no caso de que os promotores decidan asumir o desprazamento das persoas usuarias

Toda a información no DOG do 21/04/2023

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230421/AnuncioG0657-110423-0001_gl.html e na sede electrónica da Xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS212A&ano=2023&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This