Subvencións destinadas a particulares para a instalación de sistemas de depuración autónomos
Subvencións destinadas a particulares para a instalación de sistemas de depuración autónomos no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que deban figurar como titulares dunha autorización de vertedura dun sistema de depuración autónomo dunha vivenda unifamiliar situado no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia Costa.
Actuacións subvencionables e requisitos das solicitudes:
Serán subvencionables os investimentos realizados desde a data de publicación da convocatoria de subvencións (26/02/2025) destinados á instalación de sistemas de saneamento autónomo que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que os sistemas de saneamento autónomo que se van instalar se sitúen no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia Costa.
b) Que as augas residuais procedan de vivendas unifamiliares.
c) Que os rendementos de depuración que se van acadar coas instalacións de depuración ou as porcentaxes mínimas de redución, cumpran os seguintes valores, ben referidos ao límite de parámetros ou ben referidos á porcentaxe mínima de redución, alternativos:
Parámetros Límite Porcentaxe mínima de redución
DBO5 200 mg/L 20 %
DQOtotal 300 mg/L 30 %
Sólidos en suspensión 150 mg/L 50 %
Aceites e graxas 25 mg/L –
Deterxentes 3 mg/L
d) Que o volume de almacenamento total sexa igual ou maior a dous metros cúbicos e que teñan como mínimo dúas cámaras.
e) Que, cando resulte exixible para a obtención da autorización de vertedura, o sistema dispoña do preceptivo marcado CE conforme coa norma UNE-EN 12566, ou norma que no futuro a substitúa.
f) Que a vertedura se produza por infiltración no terreo mediante un sistema de evacuación soterrado.
g) Que non se instalen a menos de vinte metros dunha captación subterránea, consonte o disposto no artigo 23.3.a) da normativa do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia Costa, aprobado polo Real decreto 48/2023, do 24 de xaneiro
- Os solicitantes desta subvención deberán contar con autorización de vertedura ou co xustificante de ter solicitado a dita autorización con anterioridade á xustificación da subvención.
- Non será subvencionable a instalación de sistemas de saneamento autónomo en lugares nos que sexa obrigatorio conectarse á rede de saneamento municipal en virtude do disposto na ordenanza municipal reguladora do servizo de saneamento ou, en ausencia desta previsión, que se atopen a menos de cincuenta metros da rede de sumidoiros municipal,
- A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo en que se pretende instalar o sistema de saneamento autónomo.
- Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, coa correspondente licenza municipal. Todo isto sen prexuízo dos
restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos.
O cumprimento deste requisito acreditarase na fase de xustificación, sen prexuízo da declaración responsable na fase de solicitude.
Importe máximo das subvencións
O importe das subvencións será do 100 % do investimento da actuación proposta, ata esgotar o crédito da convocatoria e co límite de catro mil euros (4.000 €) por vivenda unifamiliar.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 6 de marzo de 2025 e rematará ás 14.00 horas do día 7 de abril de 2025. (as subvencións concédense por concorrencia non competitiva-Ata esgotamento do crédito)
Máis información no DOG do 26/02/2025 e na sede electrónica de Xunta, procedemento AU300C
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AU300C&ano=2025&numpub=1&lang=gl