Subvencións destinadas a particulares para a renovación de sistemas de saneamento
Subvencións destinadas a particulares para a renovación de sistemas de saneamento no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que conten cun sistema de saneamento que non cumpra os rendementos de depuración e teñan a autorización de vertedura ou a solicitasen antes da finalización do prazo de xustificación da subvención para un sistema de depuración autónomo dunha vivenda unifamiliar instalado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Actuacións subvencionables e requisitos das solicitudes
1. Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á renovación de sistemas de saneamento que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que os sistemas de depuración autónomos se sitúen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que as augas residuais procedan de vivendas unifamiliares.
c) Que os rendementos de depuración que se pretende acadar coas instalacións de depuración ou as porcentaxes mínimas de redución cumpran os seguintes valores, ben referidos ao límite de parámetros ou ben referidos á porcentaxe mínima de redución, alternativos:
|
Parámetros |
Límite |
Porcentaxe mínima de redución |
|
DBO5 |
200 mg/L |
20 % |
|
DQO total |
300 mg/L |
30 % |
|
Sólidos en suspensión |
150 mg/L |
50 % |
|
Aceites e graxas |
25 mg/L |
– |
|
Deterxentes |
3 mg/L |
– |
d) Que o volume de almacenamento total sexa igual ou maior a dous metros cúbicos e que teñan, como mínimo, dúas cámaras.
e) Que, cando resulte exixible para a obtención da autorización de vertedura, o sistema dispoña da preceptiva marcación CE conforme coa norma UNE-EN 12566, ou norma que no futuro a substitúa.
f) Que a vertedura se produza por infiltración no terreo mediante un sistema de evacuación subterráneo.
g) Que estean instalados a máis de vinte metros dunha captación subterránea, consonte o disposto no artigo 23.3.a) da normativa do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia Costa, aprobado polo Real decreto 48/2023, do 24 de xaneiro.
Non será subvencionable a primeira instalación dun sistema de depuración autónomo.
– As persoas solicitantes desta subvención deberán contar coa autorización de vertedura ou co xustificante de ter solicitado a dita autorización con anterioridade á finalización do prazo de xustificación da subvención.
– A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo en que se sitúe o sistema de saneamento.
-Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, coa correspondente licenza municipal. Todo isto sen prexuízo dos restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos.
O cumprimento deste requisito acreditarase na fase de xustificación, sen prexuízo da declaración responsable na fase de solicitude
Importe máximo das subvencións
O importe das subvencións será do 100 % do investimento da actuación proposta, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), ata esgotar o crédito da convocatoria, co límite máximo de catro mil euros (4.000 €) por vivenda unifamiliar.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 16 de febreiro de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 16 de marzo de 2026. (concédense ás subvencións por orde de entrada, ata esgotamento do crédito)
Máis información: DOG do 6/02/2026 e sede electrónica, procedemento AU300C
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AU300C&ano=2026&numpub=1&lang=es