Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

A Axencia de Turismo de Galicia, convoca axudas para actuacións de eficiencia enerxética dirixidas a empresas turísticas, en réxime de concorrencia non competitiva (ata esgotamento dos fondos)

Destinatarios

Empresas Turísticas; pequenas e medianas empresas (tanto persoas físicas como xurídicas) con residencia fiscal en España, propietarias, explotadoras, arrendadoras ou concesionarias de edificios destinados a ALOXAMENTO TURÍSTICO

Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos.
Quedarán excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio

Actuacións subvencionables

a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (por exemplo, as que afectan as fachadas, cubertas, carpintarías exteriores, vidros e proteccións solares)
b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor. e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios.
c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

Requisitos (entre outros a cumplir segundo a actuación concreta)

a) Actuacións a realizar en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico.

b) Estas actuacións deberán alcanzar as dúas condicións seguintes:
– Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida.
– A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.

Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar, e non é necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente

c) As actuacións obxecto da axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que as ditas actuacións as requiran

d) As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT)

Contía da axuda

Dependerá da tipoloxía das actuacións, establecéndose un máximo de 150.000 euros por proxecto subvencionable

A axuda adicional graduarase en función da concorrencia de criterios engadidos de eficiencia enerxética ou actuacións integradas das tipoloxías de actuación.

Prazo de solicitude

30 de marzo de 2023, salvo esgotamento dos fondos

Máis información

DOG de hoxe (2/012/2022) e na sede electronica da xunta,

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU986B&ano=2022&numpub=1&lang=es

Pin It on Pinterest

Share This