Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración
A Axencia de Turismo de Galicia convoca axudas a para actuacións de mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos e teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda
Requisitos:
– No caso de empresas deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
– Deberá acreditarse, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice ao beneficiario a realizar o investimento subvencionado
– Deberase acreditar unha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
– Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas
– Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de calidade turística
– Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecementos que supoñan un incremento da categoría
– Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións,así como embelecemento do contorno
– Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
– Actuacións de mellora de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
– Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización
– Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde
Cuantías: O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. O importe máximo da axuda poderá acadar o 60 % do investimento subvencionable, establecéndose un máximo de 60.000 euros por proxecto, dependendo da puntuación alcanzada
Prazo de solicitude: Ata o 13 de febreiro
Máis información no DOG de hoxe (13/01/2023) e na sede electrónica da xunta, procedemento TU503A
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A&ano=2023&numpub=1&lang=gl
Para calquera dúbida ou se precisades axudas con esta ou calquer outra comunicación, podedes contactar conmigo no tfno 986 362 125 ext. 4 ou email aedl@concellodeoia.es