Subvencións para o Programa de Modernización do Comercio 2023

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, convoca estas axudas para a modernización de establecementos comerciais.

Establécense dúas liñas de axudas:

1️⃣ Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes retallistas fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que teña a condición de peme.

c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).

En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655, así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.

2️⃣ Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.

✅ Actuacións subvencionables no caso de persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais

1.1. Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:

a) Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).

b) Etiquetaxe electrónica para lineais de venda.

c) Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID.

d) Xestor de colas automatizado.

e) Sistemas de click and collect e locker dixitais.

f) Probadores interactivos.

g) Software para a xestión loxística do e-commerce.

h) Solucións de ciberseguridade.

i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).

j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).

k) Terminais de autopagamento.

1.2. Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra, a través das seguintes actuacións:

a) Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.

b) Andeis virtuais.

c) Pantallas e mesas interactivas.

d) Totems publicitarios.

e) Encerados dixitais.

f) Aplicacións de realidade virtual e aumentada.

En todo caso, as actuacións comprendidas nas letras a), b), c), d) e e) deberán incluír o software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.

1.3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos, a través das seguintes actuacións:

a) Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.

b) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces que melloren e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.

c) Sistemas de climatización do local enerxeticamente eficientes.

✅Investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

2.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

Persoas beneficiarias

Investimento máximo subvencionable

Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras

50.000,00 €

Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras

100.000,00 €

Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras

200.000,00 €

A porcentaxe da subvención será do 90 % dos investimentos máximos subvencionables

Prazo de solicitude: ata o 30/01/2023

Máis información no DOG do 30/12/2022 e na sede da xunta

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300G&ano=2023&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This