Subvencións para proxectos de investimento en actividades NON agrícolas
AGADER convoca estas axudas para compra de maquinaria e equipamento para empresas que desenvolvan actividades non agrícolas
▶️ Beneficiarios:
- As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
- Persoas físicas que residan nunha zona rural.
- Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
▶️ Proxectos Subvencionables:
Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.
- a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
- b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
- c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
- d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
- e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
- f) Artesanía e actividades artesanais.
- g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
- h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
- i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
▶️Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
▶️ Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables
Toda a información no DOG do 30 de xaneiro e na sede electrónica da Xunta de Galicia
Prazo de solicitude: 30 de xaneiro
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR708A&ano=2023&numpub=1&lang=gl