Subvencións promoción do emprego autónomo

A Consellería de Promoción do emprego e igualdade, convoca as axudas de PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO.

Nesta convocatoria, regúlanse dúas liñas de axuda:

– Liña 1: Axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma

– Liña 2: Axuda equivalente a 12 meses da cota reducida á Seguridade Social por  continxencias comúns e profesionais

Para poder acceder a elas, tes que cumplir os seguintes requisitos:

✅Causar alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive

✅ Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego,  e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

✅ Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

✅ Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia e ter o domicilio fiscal en Galicia.

 Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

✅ No caso de optar á liña 2 da subvención, Ser beneficiaria da cota reducida
regulada no apartado 1º do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo.

CUANTÍA DA SUBVENCIÓN.

*Liña 1

a) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

b) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas menores de 30 anos.

– Persoas maiores de 52 anos.

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia

– Persoas emigrantes retornadas e persoas estranxeiras.

A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos (non aplicable a maiores de 52 anos)

d) Persoas trans.

e) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións

Estes seis incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 euros.

Liña 2:

Axuda equivalente á contía da cota mensual reducida sufragada pola persoa beneficiaria multiplicada por 12: 960 euros

Prazo de solicitude

O prazo de solicitude destas axudas comeza o día 16 de xaneiro. O réxime é de concorrencia non competitiva (ata esgotamento dos fondos)

Toda a información no DOG do 9/01/2023 e na sede electrónica da xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2024&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This