Suspendida a charla de Rubén de Lis prevista para este xoves en Mougás
O Concello de Oia informa de que queda suspendida a charla sobre adicción e novas tecnoloxías de Rubén de Lis, prevista dentro da programación de Nadal para este xoves 2 de xaneiro no Centro Cultural de Mougás.
Esta decisión tómase con motivo do falecemento de José Pérez González (Pepe), aos 87 anos de idade, un dos veteranos da Banda de Música Unión Musical de Mougás. Desde o Concello queremos expresar o noso máis sentido pésame á familia e recordar a este veciño como un músico entrañable e unha excelente persoa. Descanse en Paz.