A nova instalación complementa a oferta existente e dá resposta á demanda das familias para contar cun espazo adaptado aos máis pequenos
A nova instalación complementa a oferta existente e dá resposta á demanda das familias para contar cun espazo adaptado aos máis pequenos
O Concello de Oia, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), abrirá nas próximas semanas unha nova edición do programa “Cultiva a Mente”, unha iniciativa dirixida á promoción do envellecemento activo e ao mantemento das capacidades cognitivas das persoas maiores
Danza en Oia Gratuíto e todos os públicos. Un evento cultural diferente. Ven a desfrutalo . 📍Praza de Abastos 📅 sábado 24 out ⏰ 20.30 Voar 20 minutos Pegada Fonda 20 minutos Café e coloquio ao final Voar e Pegada Fonda son propostas galegas de danza contemporánea para...
festival Síntese chega ao final da súa terceira edición coa mostra das residencias artísticas impulsadas polo festival no seu espazo A Garagem, en Cassais, Melgaço (Portugal). este festival
foi impulsado pola Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo
O municipio de Oia volveu vivir unha fin de semana histórica co desenvolvemento da XVI Subida a Oia, unha das citas máis emblemáticas do Campionato Galego de Montaña, que reuniu a centos de afeccionados ao automobilismo ao longo do percorrido e confirmou o gran arraigamento que este deporte ten na comarca
A estrada EP-3202, entre Oia e o Alto do Castro, acolle os días 10 e 11 de outubro a 16ª edición da proba, última puntuable da tempada
O Concello de Oia destaca a actuación máis relevante do Plan de Sostibilidade Turística en Destino – Oia Natural: a transformación integral do antigo Cámping Pedra Rubia, en Mougás, nun gran parque público situado nun enclave privilexiado do litoral
Concello de Oia consolidou durante a tempada estival un conxunto de actuacións estratéxicas incluídas no Plan de Sostibilidade Turística en Destino – Oia Natural, financiado polo Ministerio de Industria e Turismo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no marco dos fondos europeos NextGenerationEU