Tras o seu aprazamento a pasada fin de semana debido ás condicións meteorolóxicas, o tradicional curro da Valga (Loureza) celebrarase finalmente este domingo 17 de maio, converténdose na primeira gran cita da tempada dos curros galegos
O programa “Cultiva a Mente”, impulsado en Oia en colaboración coa Xunta de Galicia e AFAGA Alzheimer, comezou xa a súa andaina nas antigas escolas de Loureza cunha participación inicial de máis dunha ducia de persoas
O Concello de Oia organiza durante o mes de xullo unha nova edición dos campamentos Concilia Verán 2026, unha proposta dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que combina lecer, deporte e aprendizaxe nun entorno seguro e dinámico
Dirixido a maiores de 55 anos, as persoas interesadas poden anotarse nos Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos 986362125 e 639329493
Dende o CEIP de Refoxos, queremos realizar unha xornada de portas abertas o vindeiro martes 24 de febreiro de 17:00 a 18:00 horas, coa finalidade de dar a coñecer a nosa identidade na contorna e captar posibles novas matriculas. Agradecemos a vosa colaboración para...
A oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas visitará Oia este venres día 30, coa finalidade de achegar información e asesoramento especializado ás persoas interesadas
O Concello de Oia pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de teatro veciñal, dirixidos tanto a público infantil como a persoas adultas, unha proposta cultural consolidada que promove a creatividade, a participación e o encontro entre a veciñanza
Nun emotivo acto celebrado no marco do Concerto de Nadal de Santa Uxía, Banda e Concello uníronse para render homenaxe ao director Gabriel Rodríguez, quen pecha esta etapa despois de máis de tres décadas
O Concello de Oia celebrou no Salón de Plenos da Casa Consistorial a entrega da súa primeira convocatoria dos Premios de Excelencia Académica, unha iniciativa posta en marcha este ano para recoñecer o esforzo e a dedicación do alumnado do municipio
O Concello de Oia celebrou no CEIP Refoxos un emotivo acto de homenaxe a Lucía Rodríguez Acevedo, limpadora do centro, con motivo da súa xubilación tras máis de 40 anos de servizo