A costa de Oia conta con numerosos puntos ao longo do seu litoral de extraordinaria beleza desde os que se poderá observar a eclipse solar o 12 de agosto. Co obxectivo de facilitar a observación tamén desde o entorno do Mosteiro de Oia, o adro da igrexa permanecerá pechado ao tráfico de vehículos, permitindo que veciños e visitantes poidan desfrutar deste espazo durante o fenómeno
O Concello de Oia vén de finalizar importantes obras de mellora en dous tramos do Camiño de Santiago Portugués da Costa ao seu paso polo municipio, cun investimento total de 29.473,77 euros, financiados a través dos fondos europeos PSTD – Plan Nacional Xacobeo, dentro do programa Next Generation EU
O Concello de Oia levará a cabo, ao longo dos vindeiros meses, un ambicioso proxecto de recuperación e posta en valor das salinas romanas do Aguncheiro, situadas na costa da parroquia de Mougás, co obxectivo de garantir a súa conservación e crear oportunidades de desenvolvemento patrimonial, cultural e económico
A veciñanza de Oia e persoas visitantes poderán asistir este domingo ás 20.00 horas a unha nova edición do Festival Internacional Encontro dos Pobos, unha cita xa consolidada no calendario cultural do Baixo Miño que, organizada polo grupo guardés Do Lusco ó Fusco, promove o intercambio entre diferentes tradicións musicais e culturais