Taller Nutrichef con visita a Praza de Abastos
Co motivo do entroido, o Concello de Oia organizou un curso de cociña saudable para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade, e que tivo lugar o martes 13 de febreiro de 9.30 a 13.30 h. na Casa Cultural de Viladesuso.
O obxectivo principal é que os máis pequenos do Concello participen e adquiren hábitos saudables a hora de comer.
Como novidade se visitou a Praza de Abastos de A Guarda, onde o Chef lles explicou en que consiste unha dieta equilibrada e os diferentes nutrientes e propiedades dos alimentos.
Tamén tivemos a ocasión de visitar un supermercado para coñecer as características dos produtos procesados.