Terceira edición do “Festival Costa dos Castros” en Oia, este fin de semana

Esta fin de semana se celebra a Terceira Edición do Festival Costa dos Castros, un evento cultural de música e patrimonio histórico acollido no Concello de Oia, no que vos atoparedes con música folk variada, narración oral tradicional, así como a riqueza do patrimonio e os diversos atractivos locais.

Abride as vosas axendas, xa que tedes unha cita o 6, 7 e 8 de xullo.

Comezaremos a fin de semana contando cos grupos locais “Tra-lo Mosteiro” e “As Caramuxas”, as veciñas do concello de Tomiño “Pandereteiras Virxe do Alivio” que xunto con “A Fiada” completarán as actuacións do venres e remataremos a festa cun serán onde pode que se descubran novos talentos.

Non quededes sen folgos para o sábado e deixádevos levar polos rapaces e rapazas de San Xerome Emiliani co seu grupo “Xerock Percusión”, así mesmo “Folk Tarxa” e “Cantares do Silveiro – do noso pobo irmá Oiã” continuarán coa música e ben seguro que conseguen sacarvos máis dun baile!

Pero non vos despistedes porque axiña chegará dende Ourense a banda de folk “Coanhadeira” para darvos forzas para seguir. Agardade ata o final e comprobaredes que unha gaita non é incompatible cun violín, unha batería ou unha guitarra eléctrica e un baixo cos músicos de “Virandeira”.

O derradeiro día teremos un encontro de Treboadas e será “Uxía & Magín Blanco (espectáculo infantil)” encargarase de non deixarvos marchar cun mal sabor de boca.

E como primicia, as 20 h do Domingo, se fará unha visita teatralizada ao Arrabal, co título “Contos do Arrabal”, interpretada polos participantes no Obradoiro de teatro veciñal “6×6 Punto de encontro” a cargo de Artística Vigo..

Ademais destes concertos poderedes desfrutar dos postos de artesanía, cantos de taberna e visitas guiadas á Igrexa.

Seguiremos informándovos sobre máis aspectos da programación e dos horarios para que non vos perdades nada. Máis información no facebook do Festival Costa dos Castros.

Pin It on Pinterest

Share This