Un total de 16 hostaleiros beneficiáronse das axudas ao sector destinadas a paliar os efectos da COVID
Un total de 16 hostaleiros radicados en Oia téñense beneficiado das axudas destinadas a axudar á hostalaría local a paliar o impacto da COVID-19
En novembro do pasado ano, o Concello de Oia sacou a convocatoria destas axudas financiadas pola Deputación de Pontevedra a través da disposición adicional “Medidas destinadas ó financiamento dos gastos derivados da liña de axudas para os sectores máis afectados pola situación pandémica que xestionen os concellos” do Plan Concellos 2021.
A antedita convocatoria estivo aberta a autónomos e representantes das pemes de ata 10 persoas, legalmente constituídas, cuxa actividade estivese incluída no sector da hostalaría e se desenvolvese dentro do termo municipal de Oia.
As axudas foron de índole económica, distribuíndose de xeito igualitario entre todas as solicitudes presentadas que cumpriron os requisitos. Cada unha delas recibiu un total de 468,42 euros.
Os beneficiarios da convocatoria foron: Casa Paco C.B, Damián Rodríguez González, Hotel Restaurante Glasgow C.B., Mónica Solleiro Guia, Juan Miguel Fernández Losada, Daniel Fernández Álvarez, Casa Puertas C.B., Martysil Mougás, S.L., Peñasco Renova Sociedad Limitada, Lugar Costa Verde S.L., Aguncheiro C.B-Oia, Tapería A Camboa S.L., María José Rodríguez Campo, Marisol Giráldez Giráldez, Hotelera Oia S.L. e Novo Porto dos Barcos S.L.