O próximo 30 de abril disputarase entre Loureza e Figueiró (Tomiño), a carreira de obstáculos de Los Gemelos Race para a cal xa están abertas as inscricións en Track The Race. O prazo de inscrición péchase o próximo 17 de abril.
É unha mestura de trail-running e carreira de obstáculos, desenvólvese no seu maior parte por unha contorna natural, onde case non se pisa asfalto. A carreira empeza en Loureza e termina en Figueiró, onde os participantes serán trasladados en autobús desde a zona de entrega de dorsais e meta (Figueiró) ata a saída (Loureza), durante a carreira haberá todo tipo de obstáculos.
Hai dous tipos de modalidades, unha chamada elite, onde os corredores levan chip e contabilízaselle o tempo e os obstáculos que non sexan capaces de pasar penalízalles, estes requiren dunha forma fisica e mental dun nivel alto e a quenda popular, onde pode participar calquera persoa independentemente da súa forma física, o importante é a diversión, nin tempo de finalización.