Xa pode descargar no móbil a app ‘LINEA VERDE’ para comunicar incidencias

Xa está en funcionamento a app “línea verde” que facilitará a comunicación, xestión e control das incidencias que se detecten no municipio sobre vespa velutina, alumeado, danos na calzada, no equipamento urbano….

Para empregar Línea Verde cómpre descargar a aplicación (gratis) no móbil ou tablet: a través de Google Play para dispositivos con sistema Android ou da APP Store para dispositivos con tecnoloxía iOS.

Funcionamento

Unha vez instalada a aplicación, a persoa usuaria deberá seleccionar o municipio de Oia, elixir “nova incidencia” e indicar que tipo de incidencia é entre as opcións que se presentan. De xeito automático, a aplicación detectará as coordenadas exactas do lugar no que se atopa o problema.

Os seguintes pasos consisten en incluír unha fotografía e unha observación sobre a incidencia. Finalmente, o proceso quedará rematado pulsando a opción “enviar”.

Unha vez enviada a incidencia, o persoal do Concello recibirá a notificación e comezará os trámites para solucionala. Cada vez que se produza un cambio no estado da incidencia, o cidadán recibirá a correspondente notificación.

A aplicación Línea Verde inclúe a posibilidade de difundir as comunicacións informativas que emita o propio Concello.

Pin It on Pinterest

Share This