IGREXA DE MOUGÁS

Ao igual que as igrexas doutras parroquias costeiras como a de Pedornes e a de Viladesuso, a de Mougás foi erguida nun lugar destacado do terreo e cunha orientación que segue os parámetros dos templos da antigüedade: a entrada ao oeste (o ocaso e a muerte) e o altar maior ao este (o nacemento do sol e da vida).

É unha igrexa onde se aprecian elementos románicos nas súas pedras, pero posiblemente foi reconstruida en 1698; é de resaltar o seu retablo barroco do século XVIII.