Saúdo da Alcaldesa
Benvidos á nova web do Concello de Oia, máis moderna, dinámica e intuitiva, que nos permitirá un maior acercamento entre esta institución e a cidadanía.
Dende aquí é posible realizar multitude de xestións, sen necesidade de achegarse as dependencias municipais, dispoñendo o cidadán dunha plataforma para realizar trámites durante tódolos días da semana.
Igualmente, é importante a participación da cidadanía, por iso abrimos a posibilidade para que os usuarios nos fagan chegar as súas dúbidas e propostas.
Queremos que nos axude a comunicar máis e mellor, que sexa un espazo para informar sobre a actividade do Concello, que facilite a relación dos veciños coa Administración, pero tamén queremos que nos permita amosarnos a tódolos posibles visitantes para os cales Oia aínda é descoñecida.
Temos historia, patrimonio, gastronomía, cultura, tradicións, entorno natural… e o máis importante, unha férrea vontade de traballar por un futuro mellor.
En definitiva, vos invito a navegar e descubrir as distintas seccións e servizos que forman parte desta web, esperando sexa útil e de interese para todos.