Oia está a abrir as portas a moitas actividades con proxección exterior: Camiño Portugués da Costa, intercambios culturais, probas deportivas, rutas de sendeirismo, festas gastronómicas…

Xurdía a necesidade de crear unha imaxe atractiva e moderna facilmente recoñecible que identificase o Concello a simple vista, unha boa primeira impresión, e que puidera aplicarse a todo tipo de plataformas, tanto físicas como dixitais.

Esta necesidade foi coñecida por un equipo de deseño (Yarza Twins) que, gratuitamente, ofreceu o seu entusiasmo para deseñar un logotipo e marca que puidera satisfacer e cubrir as expectativas.

Viron a oportunidade de crear unha marca centrada nun estilo de textos intelixentes e tipografías modernas. Quixeron resaltar que calquera podería recoñecer e sentirse parte de Oia con só ver a imaxe.

Inspirándose na relevancia do Camiño Portugués da Costa, e dos incontables peregrinos que pasan por Oia, foron reproducindo verticalmente as letras que compoñen o seu nome, ata dar co camiñante de Oia; personalizándoo despois coas diferentes actividades que se poden encontrar en Oia.

Conseguiron crear unha identidade minimalista, limitando o deseño aos seus elementos máis esenciais: o logotipo, a tipografía, e o verde neon que reflexa a beleza verde tan característica do noso Concello.

A identidade se complementa cunha serie de litografías baseadas en famosos slogans de cidades como Nova York ou Londres pero en sentido oposto, a localidade que permite desconectar do bulicio da cidade.

As diferentes versión do logotipo tiveron unha gran acollida, e actualmente se usan na promoción do Turismo, a Cultura e o Deporte.

Pin It on Pinterest