A unión entre Concello de Oia e a Freguesía de Oiã (Oliveira do Barro - Portugal) está preto de cumprir dúas décadas, consolidándose durante todo este tempo un irmanamento que fixo posible que ámbolos pobos se coñecesen descubrindo os encantos das respectivas terras.
Durante estes últimos anos, se veñen levando a cabo en conxunto intercambios culturais escolares, nos que os mozos e mozas de quinto e sexto de primaria teñen a oportunidade de vivir unha experiencia moi enriquecedora, ao convivir e aprender costumes doutros países; tamén se ten colaborado con intercambios entre os grupos de música tradicional, coa participación na Festa da Flor e no aniversario da Freguesía.