Visita do executivo de Oiã para organizar o II Intercambio Cultural escolar

Xa estamos a preparar o II Intercambio cultural entre alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García, coas Escolas da Freguesía de Oiã.

Para concretar detalles, membros do Executivo de Oiã e profesorado, visitaron o noso Concello.

Así, o 6,7,8 de abril, os alumnos de Oiã visitarán o noso Concello e o 20, 21 e 22, irán os nosos alumnos a Oiã.

É unha oportunidade de aprendizaxe para os nen@s que participen e para seguir fortalecendo os lazos entre ambas poboacións irmanadas dende fai máis de dez anos.