A campaña de reciclaxe “Oportunidades de Galicia” chega a Oia
A Campaña itinerante promovida pola Xunta de Galicia “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor” visitará Oia o 27 de febreiro e 27 de agosto. O principal obxectivo desta campaña é aumentar as taxas de reciclaxe na nosa comunidade a través da educación, información e formación. O vindeiro 27 de febreiro estará na Praza de Mougás, en horario de tarde, coincidindo nesta parroquia coa celebración do Entroido.
Esta campaña está dirixida a explicar aos veciños/as as pautas a seguir para producir menos residuos, pero tamén para reciclar máis e mellor. Reciclar ben será decisivo para o futuro do noso planeta, pero tamén é fundamental para a economía de todos.
A Alcaldesa Cristina Correa explicou que “o Concello está traballando para lanzar unha campaña de sensibilización; para colaborar nesta tarefa, pedimos a Deputación no marco dunha subvención un becario titulado en Medio Ambiente. Tamén é importante traballar cos pequenos, mediante conferencias e outras actividades en colaboración cos colexios CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos, como a visita á planta de tratamento de residuos de SOGAMA en Cerceda, que se realizará nas vindeiras semanas”.