Axudas á conciliación da vida persoal e familiar
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo
✔️ Obxeto: dirixido a persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de agosto de 2022 e o 31 de xullo de 2023, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas
✔️ Beneficiarios:
📌No caso de unidades familiares non monoparentais, de persoas proxenitoras de distinto sexo, poderán ser beneficiarios os homes traballadores por conta allea
📌No caso de unidades familiares non monoparentais de persoas proxenitoras do mesmo sexo, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral
📌No caso de unidades familiares monoparentais, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral
✔️ Accións subvencionables:
📌 A redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos, incluíndo tamén a modalidade de redución de xornada por coidado dunha filla ou fillo afectada/o por cancro ou por calquera enfermidade grave, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%. A redución de xornada terá que ser de polo menos o 12,5% da xornada ou porcentaxe equivalente para o caso de que a xornada sexa a tempo parcial
Tamén se subvencionan en casos de adopción e acollemento
📌O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito (8) meses comprendidos entre o 1 de agosto de 2022 e o 31 de xullo de 2023, ambos os dous inclusive
✔️ Contía das axudas
1. A contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas e fillos a cargo da persoa solicitante, de acordo cos seguintes tramos:
a) Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5% e ata o 25% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 1.700 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 2.000 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 2.300 euros.
b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 25% e ata o 37,50% dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 2.800 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.100 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.
c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50% e ata o 50% ou máis dunha xornada laboral a tempo completo ou período equivalente no caso de xornada a tempo parcial, e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1º. Cun fillo ou filla a cargo: 3.100 euros.
2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.400 euros.
3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.700 euros
✔️ Requisitos:
a) Estaren empadroadas en calquera concello da Comunidade Autónoma galega
b) Conviviren coa filla ou o fillo durante o período subvencionable. Nos casos en que exista un acordo de custodia compartida, computarase o tempo de convivencia e o cálculo do período obxecto da subvención en proporción, segundo os termos do citado acordo.
c) Os ingresos da unidade familiar non poderán ser superiores a 7 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2022
d) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Prazo de solicitude: Ata o 11/08/2023
Toda a información na sede electrónica da xunta:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI440A&ano=2023&numpub=1&lang=gl
e no DOG do 11/07/2023
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230711/AnuncioG0656-290623-0002_gl.html