Campamento de verán en Oia do 1 ao 29 de xullo

O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá, do 1 ao 29 de xullo, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Esta proposta de conciliación familiar e lecer infantil incluirá xincanas, actividades na natureza, pintura, música, cociña e xogos. 

O campamento é unha iniciativa de Matrácala e conta coa colaboración do Concello de Oia. Desenvolverase en horario de mañá (de 9.00 a 14.00h) e ten un custo de 90 euros o mes completo e 60 euros a quincena.

As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse no correo electrónico info@matracala.es. O prazo de inscrición estará aberto desde o venres 17 de xuño ata o día 22.

Pin It on Pinterest

Share This