Curso sobre o coidado e apoio de coidadores de persoas maiores
O Concello organiza un curso destinado aos que coidan de persoas maiores con alto nivel de dependencia. O curso terá unha duración de 20 horas e será impartido por Cruz Vermella, no Centro Cultural de Pedornes, do 11 ao 14 de decembro, en horario de 15 a 20 horas.
O programa inclúe coñecer os recursos sociais que ofrece a Lei de Dependencia, indagar nas situacións persoais e sociais da figura do coidador e dotar de habilidades e recursos para previr o esgotamento emocional.
É necesaria a inscrición por Rexistro. Prazas limitadas.