O Concello de Oia contratará 8 persoas desempregadas ao abeiro do plan de emprego provincial
O Concello de Oia contratará a un total de 8 persoas desempregadas ao abeiro da liña de emprego do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
En concreto, ofértase unha praza de condutor/operador de maquinaria forestal (10 meses), un operario de recollida de lixo (5 meses), dous albaneis/oficiais de primeira (9 meses) e catro peóns forestais (9 meses).
PRAZAS | PERFIL/OCUPACIÓN | PERÍODO CONTRATACIÓN |
1 | Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013)
|
10 meses (de 1 marzo a 31 decembro) |
1 | Mozo/a recollida lixo (CNO. 94411010)
|
5 meses (de 1 de xuño a 31 de outubro) |
2 | Albaneis-Oficiais de 1ª (CNO. 71211015)
|
9 meses (de 1 de marzo a 30 de novembro) |
4 | Peón Forestal (CNO. 65431028)
|
9 meses (de 1 de marzo a 30 de novembro) |
Os contratos serán a xornada completa. Poderán optar a eles as persoas desempregadas inscritas na Oficina de Emprego de Baiona, a cal se encargará da preselección das beneficiarias.