O Concello de Oia reclama unha solución urxente á falta de cobertura de Vodafone en Mougás e Viladesuso

Durante estas últimas semanas, o Concello de Oia vense dirixindo a responsables de Vodafone de Galicia, requerindo unha explicación á falta continuada de cobertura en Mougás e Viladesuso, que ven padecendo a veciñanza que ten contratado o servizo con Vodafone ou con outras operadoras que dependen da súa rede móbil. 

Así mesmo, ante a falta dunha solución que convenza e a incertidumbre sobre o prazo para subsanar esta grave incidencia, buscouse a colaboración de Amtega da Xunta de Galicia e tamén da Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Pontevedra do Ministerio de Asuntos Económicos e transformación dixital. 

Neste último organismo, que é quen ten competencia para intervir, o Concello presentou unha queixa sobre a falta de cobertura masiva solicitando a súa intervención e unha solución urxente. 

A alcaldesa manifesta que “Esta falta de cobertura 4G causa un gran prexuízo ás persoas afectadas, que non poden facer nin recibir chamadas nin tampouco facer uso de internet, coas conseguintes consecuencias negativas para a súa vida diaria”, lamenta a alcaldesa, quen cualifica de “inaceptable” a situación.

Desde Vodafone indican que existe unha interferencia na súa frecuencia e que, debido a elo, tiveron que desactivar o servizo 4G en tanto non a localizan. Así, mesmo a operadora asegurou que ten contratada unha empresa externa especializada buscando o causante da interferencia.

Según traslada a alcaldesa, a resposta non convence ao consistorio, polo que está a buscar unha solución a través da Xefatura de Inspección de Telecomunicacións, a quen hoxe mesmo lles veo a reiterar a necesidade dunha urxente solución.

Pin It on Pinterest

Share This