O Concello de Oia restaura o lavadoiro de Lavandeira

O Concello de Oia está a realizar os traballos de restauración do lavadoiro de Lavandeira, na parroquia de Santa María de Oia.

O lavadoiro está situado nas proximidades do Mosteiro de Oia e actualmente se atopaba en desuso. Con esta actuación, a administración municipal pretende recuperar este elemento do patrimonio etnográfico local.

Para a realización da antedita obra o Concello recibiu unha subvención da Deputación de Pontevedra, ao abeiro da convocatoria de axudas para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia, por importe de 5.304,28 euros.

Pin It on Pinterest

Share This