Plan renove electrodomésticos e domótica enerxética

As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos e a incorporación de domótica enerxética en vivendas sitas na Comunidade autónoma de Galicia

Axudas para a renovación dos seguintes electrodomésticos:

  • Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A+++
  • Conxelador con clasificación enerxética A+++
  • Lavadora A+++
  • Lavalouza A+++
  • Encimeras de inducción total

Tamén para monitorizacións domóticas:

  • Monitorización térmica (sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radón e termostatos comunicados cun equipo centralizado)
  • Monitorización domótica (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos, fotocélulas comunicados cun equipo centralizado)

Para solicitar hai que facelo a través de empresas que se adhiran a este procedemento. O prazo de solicitude estará aberto a partir do 1 de xullo!

Máis información

Consultade no enlace a convocatoria, cantidades de subvención, etc…

http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2020/ficha_aforro2020_0004.html

Pin It on Pinterest

Share This