O Conselleiro de educación visitou o CEIP Mestre Manuel García de Oia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo este pasado mércores unha reunión de traballo coa comunidade educativa do CEIP Manuel Mestre García de Oia para avaliar diferentes cuestións de cara ao inicio de curso. Estivo acompañado pola alcaldesa do concello, Cristina Correa; polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial de Educación na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, o concejal de Educación, Javier Calvo, así como por diferentes técnicos do departamento educativo e ANPA.

O obxectivo da visita foi analizar as obras de rehabilitación integral do centro que se van a executar nos próximos meses co oxectivo de resolver os problemas de funcionamento que presentan as carpinterías do edificio, a iluminación, os falsos teitos e, en xeral, as condicións do illamento térmico das fachadas e cuberta. Para iso, substituiranse os falsos teitos existentes por un sistema rexistrable con paneis con propiedades acústicas, e mellorarase o illamento das fiestras e das fachadas. Así mesmo, mellorarase a instalación de calefacción e instalaranse paneis solares.

A obra ten como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética e funcional das instalacións do centro e, nomeadamente, o confort térmico e lumínico da comunidade educativa. De feito, segundo as estimacións, estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético anual do 25,9% neste centro.

Pin It on Pinterest

Share This