Renda de inclusión social de Galicia (RISGA)

A renda de inclusión social de Galicia é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral

Requisitos

  • Persoas que, tecnicamente valoradas, se atopen en situación ou risco de exclusión social, das que se verifique a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún factor de exclusión, cando esa condición supoña especial dificultade de integración social ou laboral.
  • Ter residencia legal e efectiva e constatada polos servizos sociais comunitarios e estar empadroado ou empadroada en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma galega, polo menos durante os seis meses anteriores á presentación da solicitude de valoración.
  • Ter máis de 25 anos.
  • Dispor na unidade de convivencia de ingresos inferiores ao importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería e, non dispor de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios suficientes para a subsistencia.
  • Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil.

Canto se cobra

Consta dunha prestación mínima correspondente ao tramo persoal (75% do IPREM) e un complemento correspondente ao tramo familiar

Duración

Anual e prorrogable

Máis información

https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/inclusion-social/axudas-e-prestacions/renda-de-inclusion-social-de-galicia-risga