Axudas para cursar un máster universitario en Galicia
A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, para o curso 2020/21.
Requisitos
- Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
- Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
- Estar matriculado no curso académico 2020/21 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
- Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula.
- Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
Contía da axuda
A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2020.
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A
Máis información no DOG do 28 de setembro de 2020 e en orientacion.sug@edu.xunta.es