Bando de medidas adoptadas polo Concello en relación coa propagación do Coronavirus

MEDIDAS ADOPTADAS POLO CONCELLO EN RELACIÓN COA PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS, E MEDIDAS DE CONTENCIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE EN VIGOR DESDE HOXE VENRES 13 DE MARZO DE 2020

O Concello de Oia comunica a toda a veciñanza que en cumprimento das instrucións para a prevención do coronavirus decretadas pola Xunta de Galicia e o Goberno central, este Concello toma as seguintes medidas:

A partir do Venres 13 de marzo:

  • Suspensión de tódalas actividades municipais (sociais, culturais, deportivas…)

En relación á atención ao público nas dependencias municipais:

  • A atención municipal no Concello limitarase só a casos de urxencia ou extrema necesidade. Para verificar a urxencia de dita necesidade poden chamar ao tfno.- 986 362 125.
  • No caso de áreas específicas como: Servizos Sociais, AEDL, Urbanismo ou Secretaría, será preciso concertar cita previa no teléfono 986 362 125.

Medios para tramitar a distancia:

RECOMÉNDASE SEGUIR AS INSTRUCIÓNS DITADAS POLO MINISTERIO DE SANIDADE E A CONSELLERÍA DE SANIDADE

MÁIS INFORMACIÓN

Sergas (Xunta de Galicia): https://coronavirus.sergas.gal/

Ministerio de Sanidade: https://www.mscbs.gob.es/…/alertasActual/nCov-China/home.htm

Organización Mundial Saúde: https://www.who.int/…/emerg…/diseases/novel-coronavirus-2019

ECDC (inglés): https://www.ecdc.europa.eu/en/coronavirus

Teléfono de información para casos leves: 900 400 116

Teléfono só para Emerxencias e casos graves: 061

Prégase colaboración de toda a veciñanza para evitar a propagación do virus evitando situacións de risco.

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS, o que podemos facer para frear o coronavirus

NOTA INFORMATIVA DE ALCALDÍA – PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS

Pin It on Pinterest

Share This