O Concello de Oia informa da necesidade de resintonizar os televisores por mor dos cambios na televisión dixital

O Concello de Oia informa de que o proceso de evolución da televisión dixital atópase en marcha dentro do municipio, concretamente na zona das Mariñas (Mougás) e proximamente en Torroña (Burgueira). Esta transformación implicará cambios nos canais nos que se recibe o sinal nas casas, polo que cómpre resintonizar os televisores.

Os traballos comezaron o pasado 22 de outubro no centro de extensión de cobertura das Mariñas (Mougás) e o próximo día 28 comezarán no de Torroña (Burgueira). Estes cambios produciranse durante os vindeiros días e forman parte da fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT, o cal culminará o día 5 de novembro coa implantación dos cambios nas frecuencias nas que se sintonizan os canais actuais e a incorporación dun canal novo de televisión.

En caso que algún veciño ou veciña de calquera parroquia do municipio detecte algún problema ou precise máis información sobre os cambios na televisión dixital terrestre pode facer as súas consultas e recibir información no número de teléfono da oficina técnica da TDT en Galicia 881866388 e na páxina web www.tdtgalicia.gal.

Pin It on Pinterest

Share This