O Concello organiza unha charla sobre a vespa velutina

O Concello organiza unha charla informativa sobre a Vespa Velutina, coa colaboración da Asociación Galega de Apicultura, que terá lugar o sábado 10 de marzo, as 19.30h, na Casa da Areíña, en Burgueira. A entrada é gratuita e libre.

Na mesma, se dará conta sobre o que se precisa saber sobre a vida e o comportamento da vespa velutina, tamén coñecida como vespa asiática.

Se darán as premisas básicas de control e vixilancia desta vespa invasora (data para eliminar nidos, colocación de trampas, etc.).

Así mesmo, lembramos aos veciñ@s que queiran colaborar como VOLUNTARIOS para loitar contra a vespa velutina, que se poden poñer en contacto coa Concellería de Medioambiente, no teléfono 986 36 21 25.

Pin It on Pinterest

Share This