Oia celebra o Samaín cunha festa infantil en Mougás
Oia celebrará o Samaín o próximo xoves 31 de outubro, cunha festa e variadas actividades pensadas para os máis pequenos e pequenas. Esta programación desenvolverase no Centro Cultural de Mougás a partir das 18.00 horas.
Ao longo da tarde haberá actividades como pintacaras, xogos, música e unha merendola; ademais de algunha que outra sorpresa que divertirá aos nenos e nenas participantes.
A festa infantil de Samaín ten entrada gratuíta e está organizada polo Concello de Oia coa colaboración da Asociación Veciñal de Mougás e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mougás.