Oia con chuvia
Cunha temperatura media anual arredor dos 12 graos e un clima suavizado polo efecto do mar, este municipio do sur da provincia de Pontevedra conta con máis de 2.000 horas de sol ao ano. Pero se o tempo en Oia non te permite facer actividades ao aire libre durante a túa estancia, quizais podes aproveitar para vir a comer, ou ter un tempo de relax e benestar.
Se tes inquedanzas no eido do patrimonio e a cultura, podes achegarte ata a contorna do Mosteiro e, xusto antes de que comece a misa, aproveitar para visitar a igrexa monacal. Ademais, durante o verán adoitan organizarse visitas guiadas a este templo cisterciense.
Aquí tes unha selección de plans que te permitirán gozar de Oia nun día de choiva:
- Empápate de historia no Mosteiro de Santa María de Oia e o Arrabal.
- Saborear a gastronomía local.