Subvención Promoción do Emprego Autónomo

A Consellería de Promoción do emprego e igualdade, convoca as axudas de PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO.

Para poder acceder a elas, tes que cumplir os seguintes requisitos:

✅Causar alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, ambos inclusive

✅ Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego,  e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

✅ Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

✅ Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia e ter o domicilio fiscal en Galicia.

 Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

✅ Non ter desenvolvido como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade

CUANTÍA DA SUBVENCIÓN

a) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

b) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas menores de 30 anos.

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade.

– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

– Persoas maiores de 55 anos

A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.

e) Persoas trans.

f) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo III da Orde reguladora da subvención

Estes seis incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 10.000 euros.

Prazo de solicitude

O prazo de solicitude destas axudas comeza mañá, 25 de xaneiro ás 00.00 horas. O réxime é de concorrencia non competitiva (ata esgotamento dos fondos)

Toda a información no DOG de hoxe e na sede electrónica da xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2023&numpub=1

Pin It on Pinterest

Share This