Subvencións para fomento da mellora da eficacia enerxética, sustentabilidade, de conservación, de seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas
O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca estas axudas de REHABILITACIÓN EDIFICATORIA, dirixidas a propietarios, arrendatarios, empresas constructoras, etc… para vivendas unifamiliares e edificios de vivendas
Actuacións subvencionables
- Liña A, axuda ao fomento de mellora da eficacia enerxética e da sustentabilidade en vivendas; con especial atención á envolvente edificatoria, considerándose actuacións subvencionables, entre outras as seguintes:
- A mellora da envolvente térmica para reducir a súa demanda enerxética de calefacción ou refrixeración, mediante actuacións en fachada, cuberta ou calquera paramento da dita envolvente, de mellora do seu illamento térmico; a substitución de carpintarías e acristalamentos dos ocos e o cerramento ou acristalamento das terrazas con teito ou outras.
- A instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación para o acondicionamento térmico ou o incremento da eficiencia enerxética dos xa existentes.
- A instalación de equipos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables como a enerxía solar fotovoltaica, biomasa ou xeotermia.
- Liña B, axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; considéranse subvencionables, entre outras, as seguintes:
- As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións, estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluíndo procesos de desamiantado.
- Adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente exixidas.
- A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, produtos de apoio (guindastres ou artefactos análogos),elementos de información ou de aviso (sinais luminosos ou sonoros), a instalación de elementos ou dispositivos electrónicos, a instalación domótica, etc..
Requisitos das vivendas
Entre outros,
- Que estivesen finalizadas antes do 1 de xaneiro do 1996.
- Que constitúan o domicilio habitual.
- Deberán cumprir os requistos, que para cada actuación establece a Orde reguladora das subvencións.
Contía das axudas
Dependerá do tipo de actuación, e vai dende os 3.000 ata os 24.000 euros.
Prazo de solicitude
Ata o 26 de marzo.
Máis información
DOG do 30 de xullo DE 2019 E DOG do 26 de febreiro de 2020