Oia organiza cursos básicos de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios

O Concello de Oia ven de organizar unha serie de cursos básicos de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios, para os agricultores e persoal auxiliar que queiran obter o “Carné de nivel de capacitación básico” destes produtos, obrigatorio según o establecido no Art. 18 do Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro.

O Curso básico será de 25 h., con grupos de 30 persoas.

O custe do curso son 50 euros + 8,33 euros das Tasas do examen da Xunta de Galicia.

Xa temos inscritas 104 persoas, e organizados 2 cursos, o primeiro se inicia o 29 de febreiro no Centro Cultural de Oia de 19 h a 21.30 h, durante dúas semanas de luns a venres; o segundo se inicia o 2 de marzo na Casa Cultural de Mougás, co mesmo horario de 19 h a 21.30 h, durante dúas semanas de luns a venres; e en breve organizarase un tercer grupo.

Pin It on Pinterest

Share This