Ampla oferta de cursos online á disposición da veciñanza na Aula Mentor de Oia

As persoas interesadas en matricularse nalgunha proposta formativa poden informarse no Concello

A Aula Mentor de Oia pon a disposición da veciñanza unha importante oferta formativa online dirixida a diversos ámbitos profesionais. Entre outras moitas propostas, o catálogo formativo abrangue ámbitos como informática, administración e xestión, comercio e marketing, hostalería e turismo, agraria, sanidade, téxtil e confección, vidro e cerámica, imaxe e son, electrónica e electricidade e mantemento; así como competencias en diversas linguas.

En todos os casos trátase de formación telemática non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Os cursos pódense seguir desde a propia Aula Mentor de Oia (na aula de novas tecnoloxías situada nos baixos do Concello) ou ben desde a casa, cun ordenador conectado a internet. O catálogo de cursos está accesible na web https://www.aulamentor.es

O programa Aula Mentor desenvólvese en Oia a través dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Con esta iniciativa ponse a disposición da veciñanza unha serie de ferramentas para a mellora da empregabilidade, entre elas unha ampla oferta de cursos online e uns servizos de orientación profesional.

Matrícula

Para facer algún dos cursos incluídos na Aula Mentor cómpre, en primeiro lugar, realizar o proceso de matriculación. Para elo, as persoas interesadas poden contactar co Concello por teléfono (no 986362125 extensión 3) ou ben a través do correo electrónico oia@aulamentor.es

Cada formación ten un custe de 24 euros ao mes e a duración habitual soe ser de dous meses. Coa superación do curso, a persoa usuaria obtén un certificado de aproveitamento asinado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Pin It on Pinterest

Share This