Oia oferta un curso de primeiros auxilios no deporte
O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para un curso sobre primeiros auxilios no deporte que será impartido por Cruz Vermella Baixo Miño o próximo mes de marzo. O Concello inclúe esta formación dentro da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
A actividade conta cun total de 10 horas de formación teórico-práctica. Impartirase os días 9 e 16 de marzo no Centro Cultural de Santa María de Oia en horario de 9.00 a 14.00 horas.
O curso pretende achegar os coñecementos elementais para proporcionar axuda eficaz a persoas que sufran unha situación de emerxencia durante a práctica dalgún deporte.
Abordaranse cuestións como a prevención de accidentes, a aplicación de procedementos e técnicas en autoprotección e soporte aos primeiros auxilios e como identificar e resolver situacións de urxencia vital.
As persoas interesadas poden inscribirse no rexistro do Concello de Oia ata o próximo 7 de marzo (máis información no teléfono 986362125). As prazas son limitadas.