O Concello de Oia pon en marcha unha canle de difusión de WhatsApp para achegar a información municipal á veciñanza
O Concello de Oia vén de poñer en marcha unha nova canle oficial de difusión a través de WhatsApp co obxectivo de facilitar o acceso da cidadanía á información municipal de forma rápida, directa e sinxela.
Esta nova ferramenta servirá principalmente para divulgar a programación cultural, eventos municipais, prazos de inscrición en actividades, cortes de tráfico, iniciativas sociais e outras novidades relevantes para a veciñanza.
A creación desta canle responde á aposta do Concello por mellorar os seus mecanismos de comunicación e adaptar a información pública aos medios que emprega habitualmente a cidadanía, facilitando que as persoas interesadas poidan recibir as novidades municipais de maneira inmediata nos seus dispositivos móbiles.
A canle funciona mediante subscrición voluntaria e garante a privacidade das persoas seguidoras, xa que os usuarios non poden ver os datos doutras persoas adheridas.
As persoas interesadas poden unirse á canle a través da ligazón habilitada polo Concello https://whatsapp.com/channel/0029Vb9NW254Y9ltDxIWbJ0Y ou do código QR:
