A estrada EP-3202, entre Oia e o Alto do Castro, acolle os días 10 e 11 de outubro a 16ª edición da proba, última puntuable da tempada
A estrada EP-3202, entre Oia e o Alto do Castro, acolle os días 10 e 11 de outubro a 16ª edición da proba, última puntuable da tempada
O Concello de Oia destaca a actuación máis relevante do Plan de Sostibilidade Turística en Destino – Oia Natural: a transformación integral do antigo Cámping Pedra Rubia, en Mougás, nun gran parque público situado nun enclave privilexiado do litoral
O Concello de Oia culminou no mes de xuño dúas actuacións decisivas para o municipio: a modernización da iluminación do Camiño Portugués da Costa e dos accesos ao Mosteiro de Santa María de Oia
Concello de Oia consolidou durante a tempada estival un conxunto de actuacións estratéxicas incluídas no Plan de Sostibilidade Turística en Destino – Oia Natural, financiado polo Ministerio de Industria e Turismo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no marco dos fondos europeos NextGenerationEU
O Concello de Oia conta cunha nova actuación de mellora no Camiño Portugués da Costa, consistente na instalación de cobertores para contedores integrados na paisaxe, co obxectivo de reforzar a calidade ambiental, a estética do trazado e a experiencia das persoas peregrinas e visitantes
O Concello de Oia levou a cabo diversas actuacións de mellora da eficiencia enerxética da Oficina de Turismo, cun investimento de 30.000 euros financiado con fondos europeos Next Generation EU, a través do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Oia Natural, no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Ministerio de Industria e Turismo
A costa de Oia conta con numerosos puntos ao longo do seu litoral de extraordinaria beleza desde os que se poderá observar a eclipse solar o 12 de agosto. Co obxectivo de facilitar a observación tamén desde o entorno do Mosteiro de Oia, o adro da igrexa permanecerá pechado ao tráfico de vehículos, permitindo que veciños e visitantes poidan desfrutar deste espazo durante o fenómeno
O Concello de Oia vén de finalizar importantes obras de mellora en dous tramos do Camiño de Santiago Portugués da Costa ao seu paso polo municipio, cun investimento total de 29.473,77 euros, financiados a través dos fondos europeos PSTD – Plan Nacional Xacobeo, dentro do programa Next Generation EU
O Concello de Oia levará a cabo, ao longo dos vindeiros meses, un ambicioso proxecto de recuperación e posta en valor das salinas romanas do Aguncheiro, situadas na costa da parroquia de Mougás, co obxectivo de garantir a súa conservación e crear oportunidades de desenvolvemento patrimonial, cultural e económico
A veciñanza de Oia e persoas visitantes poderán asistir este domingo ás 20.00 horas a unha nova edición do Festival Internacional Encontro dos Pobos, unha cita xa consolidada no calendario cultural do Baixo Miño que, organizada polo grupo guardés Do Lusco ó Fusco, promove o intercambio entre diferentes tradicións musicais e culturais
As emocións, aplausos e os momentos compartidos que deixou a última edición do 6×6 Punto de Encontro xa poden revivirse a través do vídeo resumo publicado polo Concello de Oia na súa canle de YouTube
O Concello de Oia converterase o próximo 28 de xuño nun dos referentes do ciclismo galego coa celebración do seu I Gran Premio de Pump Track Concello de Oia, unha competición integrada no calendario oficial do Campionato Galego de Pump Track e que reunirá na pista municipal do Cabezo (Mougás) a algúns dos mellores especialistas desta disciplina