Campamentos A Lanzada

A Deputación provincial organiza os campamentos na Lanzada,

Destinadas a nenas e nenos da provincia nados entre 2011 e 2016

O programa desenvolverase entre o 23 de xuño e o 7 de setembro en once quendas, cada unha de sete días de duración.

A entrada será o domingo pola tarde, de 16 a 18 horas, e a saída o seguinte sábado pola mañá, de 10 a 12 horas.

Cada grupo visitará A Illa de Ons e fará unha segunda excursión relacionada coa natureza e co coidado do medio. Tamén está previsto realizar o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial do programa.

Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación ofertará un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna

O prezo é de 110 euros por praza (80 euros en caso de familia numerosa ou monoparental)

Solicitudes en servizos sociais do Concello ou a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra

Máis info:

https://www.depo.gal/-/campamentos-a-lanzada

Pin It on Pinterest

Share This