O luns 25 de maio, día da Virxe do Mar, festivo local en Oia

O próximo luns 25 de maio será un dos dous días elixidos pola Corporación Municipal como festivo local en Oia para este ano 2026. A data coincide coa celebración da Virxe do Mar, patroa do municipio e coñecida popularmente como “A Delamar”, unha das festividades máis tradicionais e arraigadas da localidade.

A festividade da Virxe do Mar non ten unha data fixa no calendario, xa que se celebra o luns seguinte a Pentecostés, que ten lugar 50 días despois da Pascua. Esta particularidade fai que a celebración se traslade cada ano a unha data distinta.

O segundo festivo local en Oia será o 7 de agosto, coincidindo coa celebración de San Mamede, patrón das parroquias de Pedornes e Loureza. Trátase tamén dunha xornada de fonda tradición no municipio, especialmente vinculada á vida social e festiva destas parroquias.

Con motivo destas celebracións, o Concello anima á veciñanza a participar nas distintas actividades que se desenvolverán arredor destas datas, que forman parte destacada do patrimonio e da identidade colectiva de Oia.

Pin It on Pinterest

Share This