O “Torneo de Xadrez Concello de Oia” celebra a súa segunda edición o día 24 en Torroña
As persoas afeccionadas á práctica do xadrez teñen unha cita imprescindible o sábado 24 de setembro coa celebración do “II Torneo Concello de Oia” que se desenvolverá na Casa da Cultura de Torroña.
A competición, organizada polo club Albatros e coa colaboración do Concello de Oia, desenvolverase durante a tarde do día 24. O comezo está programado para as 16.00 horas, previa comprobación das listas ás 15.30 horas.
Tras a boa acollida da primeira edición celebrada en 2021, o “Torneo de Xadrez Concello de Oia” volve este ano co obxectivo de consolidarse no calendario. As persoas interesadas en participar nesta segunda edición poden inscribirse na páxina web do club Albatros (www.xadrezalbatros.com). As prazas están limitadas a un máximo de 100 xogadores.
Para máis información pódese contactar coa organización no teléfono 649.88.98.84 (Miguel).