Subvención Bono Enerxía Peme

SUBVENCIÓNS BONO ENERXÍA PEME, para proxectos de MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA, dirixidos a autónomos e PEMES do sector servizos.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as pequenas e medianas empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre algunha das seccións do CNAE 2009 establecidas na orde da convocatoria

As solicitudes de subvención poden presentarse a partir do 10 de xaneiro de 2024 e ata o 26 de xuño.

📌CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

Son proxectos subvencionables as inversións en equipos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas tipoloxías de actuación que se detallan.

O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude contemple exclusivamente o bono de asesoramento enerxético o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada centro de traballo. Cada solicitude poderá contemplar unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía dentro dos bonos contemplados. Excepcionalmente permitirase a presentación de dúas solicitudes cando unha delas contemple exclusivamente o bono asesoramento enerxético.

a) Bono asesoramento enerxético:
i) Diagnose enerxéticas,
ii)  Auditorías enerxéticas,
b) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. So serán subvencionables toldos de cor branco e/ou negro e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.
c) Bono iluminación: renovación de equipos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
d) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade  (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
e) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento sempre que se poda acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipo existente e a súa entrega a un xestor autorizado.
f) Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida contempla exclusivamente as instalacións fixas, destinadas á climatización e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento, quedando fora do seu ámbito os equipamentos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Os novos equipamentos deberán ser de potencia térmica nominal superior a 5 kW e ter unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Tamén serán subvencionable a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control (sistemas de regulación en función de medicións de CO2 ou da temperatura exterior, billas economizadoras accionadas mediante infrarroxos e outros).
g) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente. No caso de sistemas de telemedida intelixentes que permiten monitorizar as instalacións e detectar consumos anómalos, consideraranse elixibles se incorporan algún tipo de actuador ou automatismo, por exemplo enviando alarmas advertindo de situacións non desexadas. Se só miden e analizan non se consideran elixibles.

📌Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 80 % do custe elixible da actuación.
Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.

Máis información:

https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2024/ficha_aforro2024_0001.html?idioma=gl

Pin It on Pinterest

Share This